Actividades da FWFF

As actividades da FWFF teñen lugar todos os sábados e domingos e domingos do ano. Os sábados (agás excepcións) ás 19.00h. Os domingos (agás excepcións) ás 18.00h.

As nosas actividades dos sábados alternan música, conferencias, lecturas, teatro, exposicións… O segundo sábado do mes está dedicado aos nenos na Caixa dos Contos Favoritos.

Os domingos temos: primeiro, tertulia Té con Historias; segundo, práctica de croquet; terceiro, club de lectura Lendo con WFF e os seus contemporáneos; cuarto, Lecturas e Labores.

Ademais, os nenos poden participar en actividades como un Club de Lectura Infantil ou no taller Xogando coa Natureza, previa inscripción.

Anualmente conmemoramos varias datas especiais:

En XANEIRO o día de Reis coa escenificación dun Belén Vivinte e os Cantares de Reis.

En FEBREIRO a chegada do Antroido cun Baile de Máscaras.

En MAIO a chegada da Primavera e os Maios. O 17 de maio o Día das Letras Galegas cunha Romaría.

En XUÑO, a principios, o Aniversario da FWFF. E o día 23, a Noite de Xoán cunha lumeirada e un aquelarre.

Nos meses de XULLO-AGOSTO-SETEMBRO a Fundación organiza talleres de verán para nenos e adulto e expedicións literarias arredor do Bosque Animado.

Entre OUTUBRO-NOVEMBRO o Samaín co paso da Santa Compaña. Tamén o día de Santa Icía, patroa dos músicos.

En DECEMBRO, a chegada do Nadal.

 Ao longo do ano os nosos grupos de teatro infantil, xuvenil e de adultos así como o coro Arumes da Fraga, citánse para a preparación de novas obras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>