Programación de maio a agosto

DSC_0594MAIO

SÁBADO 12. Contando as Letras… Galegas con María Victoria Moreno. Contacontos para toda a familia. 19.00 h

DOMINGO 14. Bolillos con Fuen. 18.00h

XOVES 17. Romaría das Letras Galegas co Coro Arumes da Fraga que cantará ás 18.00 h. A continuación haberá  un maratón de lecturassss sobre a autora homenaxeada este ano e xogos para toda a familia. Todos aqueles que o desexen poden traer a súa merenda. Nós poñemos o café.  Villa Florentina estará aberta a partir das 17.00 h

SÁBADO 19. O grupo de Teatro Fas-que-Fas representa varios monólogos de Marc Egea no Centro Sociocultural do Graxal nun acto organizado polo Concello de Cambre / Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade. 20.00 h

DOMINGO 20. Actuación do Coro Arumes da Fraga no Auditorio do Parque da Igrexa de Cambre nun acto organizado polo Concello de Cambre / Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade, no que intervén a banda de música Sementeira. 13.00 h

SÁBADO 26. Tarde de debate e tertulia filosófica con Javier F. Rouco e Ismael Blanco. 19.00 h

DOMINGO 27. Club de lectura dedicado á novela Yo, robot  de Isaac Asimov. 18.00 h

DSC_0575XUÑO

SÁBADO 9. Celebramos o XVII Aniversario da apertura ao público da Casa-museo dedicada a Wenceslao Fernández Flórez.  19.00 h

DOMINGO 10. Tarde de bolillos con Fuen. 18.00 h

SÁBADO 16. Tertulia filosófica para mover o pensamento con Javier F. Rouco. 19.00 h

DOMINGO 17. Club de lectura dedicado á novela As cidades invisibles, de Ítalo Calvino. 18.00 h

DSC_0715XULLO

SÁBADO 14. Sesión de contacontos para toda a familia. 19.00 h

DOMINGO 15. Expedición literaria arredor do Bosque Animado. Aqueles que o desexen poden traer o xantar na súa cesta para comer en Villa Florentina á sombra dos carballos e xogar pola tarde ao croquet. 11.00h 

DOMINGO 29. Club de lectura dedicado á novela O Aleph, de Jorge Luis Borges. 18.00h

TALLER DE ESCRITURA. Os días 16, 19 e 23 e 26 de xullo, de 18.00 h a 20.30 h, terá lugar un taller literario para adentrarnos na escritura de lendas de misterio. Precio do curso: 15€ por alumno. Organiza o Círculo de Ares: http://circulodeares.weebly.com/.

AGOSTO

Cub.Instrumentos DEF DEF

VENRES 3. Presentación do libro Los instrumentos musicales, de Alessandro Pierozzi, publicado pola editorial Alianza Música. 20.00 h

SÁBADO 18. Actuación do grupo norteamericano The Blue Ribbon Healers na súa xira europea. Interpretarán pezas de New Orleans Jazz, Manuche, música brasileira, etc.  (https://www.youtube.com/watch?v=jRBTjcYXYU8). Será ás 18.00 h

DOMINGO 19.  Expedición literaria recreando os tempos en que Wenceslao comezou a veranear en Cecebre alá polo ano 1913… Pasearemos pola fraga e pola beira do río. Xantaremos nos xardíns de Villa Florentina e acto seguido, xa pola tarde, xogaremos ao croquet e terá lugar o Salón Literario de Verán co que pecharemos a temporada antes de adentrarnos no melancólico outono. Inicio da xornada: 11.00 h

NOTA 1: Os meses de xullo e agosto haberá dous talleres infantís os martes e os mércores pola tarde. Un deles é o obradoiro “Xogando coa Natureza”, para nenos/as entre 6 e 8 anos. O outro é un “Club de Lectura Animado” para nenos/as a partir de 9 anos. Precisaremos o horario máis adiante. 

NOTA 2: Durante os meses de verán, os domingos que gocemos de bo tempo estará aberto o noso campo de croquet a partir das 18.00h. 

COLABORAN:

Escudo_25x49 diputacion3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>