O NADAL CHEGA A VILLA FLORENTINA

Estimados amigos,

Comunicámoslles que o vindeiro sábado non teremos actividade na FWFF, xa que o grupo de teatro Fas-que-Fas vai a Mugardos, dentro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña convidado pola Asociación de Amigos da Paisaxe Galega para representar a obra Por qué te engaña tu marido, basada nunha novela de Wenceslao Fernández Flórez.
O DOMINGO, ÁS 18H, teremos un Concerto de Nadal para Nenos a cargo do grupo VOLANDO LIBRE.  Prégase vir cos ouvidos ben abertos!
E O SÁBADO 10ÁS 19H, PAPA NOEL visitará un ano máis Villa Florentina para recibir a aqueles que desexen entregarlle persoalmente a súa carta. Non é necesario precisar que convén vir con roupa de domingo, aínda que sexa sábado.
ISTO É TODO POR AGORA.
SEGUIREMOS INFORMANDO.
GRACIAS POLA SÚA ATENCIÓN.
COLABORAN: 
Concello de Cambre
Deputación da Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>