Primeiras actividades do 2018 na FWFF

Aínda que este fin de semana NON temos actividade, adiantamos o que virá para o seguinte:

Tertulia filosófica. O sábado 20, ás 19.00 h, iniciamos unha nova sesión de tertulia con Javier F. Rouco para abismarnos nas profundidades filosóficas con ameno rigor.

Club de lectura. O domingo 21 temos unha cita no club de lectura para falar do Asno de Ouro, de Apuleio. Será ás 18.00 h.

BO ANINOVO!