MARZO 2017

SÁBADO 4.
Tertulia sobre textos de Lévi-Strauss: Raza e cultura. 19.00h.
DOMINGO 5.
Tarde de CROQUET. 18.00h
SÁBADO 11.
Tarde para o público infantil, así como volo conto… 19.00h
DOMINGO 12.
Clase de Bolillos con Fuen. 17.00h
Croquet. 18.00h
SÁBADO 18.
Conmemoración do Día da Árbore: prantaremos unha árbore froiteira e actuará o Coro Arumes da Fraga. 18.00h
DOMINGO 19.
Club de lectura dedicado ao libro Ilustrísima, de Carlos Casares. 18.00h
SÁBADO 25.
Iniciamos un maratón de lectura dedicado á novela Volvoreta, de WFF, da que se conmemora o centenario da súa publicación. 19.00h
DOMINGO 26.
Tarde de croquet. 18.00h

PRÓXIMOS DÍAS…

SÁBADO 18 DE FEBREIRO. Continuamos o ciclo de lecturas dedicadas ás grandes Mulleres Aventureiras. 19.00h.

DOMINGO 19 DE FEBREIRO. Club de lectura dedicado ao filósofo e matemático inglés Bertrand Russell (1872-1970): falaremos das obras A conquista da felicidade e o Eloxio da ociosidade. 18.00h.

SÁBADO 25 DE FEBREIRO. Tarde de tertulia na que nos achegaremos á figura do antropólogo belga Claude Lévi-Strauss (1908-2009). 19.00h.

DOMINGO 26 DE FEBREIRO. Tarde de croquet se o tempo o permite. De non ser ese o caso, viaxaremos co mercador de Venecia Marco Polo (1254-1324). 18.00h.

COLABORAN: CONCELLO DE CAMBRE e DEPUTACIÓN DA CORUÑA

XANEIRO

XANEIRO NA FWFF
DOMINGO 8: Bolillos con Fuen. 18.00h.
SÁBADO 14. Tarde de Teatro no Centro Sociocultural do Temple. O grupo da Escola de Teatro” O País de Papel” representa El círculo de tiza. 20.30h.
DOMINGO 15. Club de Lectura dedicado á novela O reino deste mundo, de Alejo Carpentier. 18.00h.
SÁBADO 21. Así como volo conto… con Pinocho. Entrada 2€/non socios 19.00h.
DOMINGO 22. Á conquista do horizonte… Iniciamos unha serie de tertulias dedicadas á Literatura de Viaxes a partir das crónicas de WFF recopiladas en La conquista del horizonte e La vaca adúltera. 18.00h
SÁBADO 28. Lectura/Tertulia dedicada a A decadencia de Occidente, de Oswald Spengler. Entrada 2€/non socios. 19.00h.
DOMINGO 29. Tarde de croquet se o tempo, cronolóxico e meteorolóxico, loxicamente, o permiten. A partir das 17.00h.

PRÓXIMO FIN DE SEMANA

PRÓXIMO FIN DE SEMANA

SÁBADO 17:
  • Lectura e tertulia dedicada á obra A decadencia de occidente, de Oswald Spengler. 19.00h.
DOMINGO 18:
  • CANTARES DE REIS co Coro Arumes da Fraga, da FWFF. En Villa Florentina, ás 18.30h. Organiza a FWFF.
  • CANTARES DE REIS co Coro Arumes da Fraga, da FWFF, no Centro Sociocultural do Graxal ás 19.30h. Organiza o Concello de Cambre.

O NADAL CHEGA A VILLA FLORENTINA

Estimados amigos,

Comunicámoslles que o vindeiro sábado non teremos actividade na FWFF, xa que o grupo de teatro Fas-que-Fas vai a Mugardos, dentro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña convidado pola Asociación de Amigos da Paisaxe Galega para representar a obra Por qué te engaña tu marido, basada nunha novela de Wenceslao Fernández Flórez.
O DOMINGO, ÁS 18H, teremos un Concerto de Nadal para Nenos a cargo do grupo VOLANDO LIBRE.  Prégase vir cos ouvidos ben abertos!
E O SÁBADO 10ÁS 19H, PAPA NOEL visitará un ano máis Villa Florentina para recibir a aqueles que desexen entregarlle persoalmente a súa carta. Non é necesario precisar que convén vir con roupa de domingo, aínda que sexa sábado.
ISTO É TODO POR AGORA.
SEGUIREMOS INFORMANDO.
GRACIAS POLA SÚA ATENCIÓN.
COLABORAN: 
Concello de Cambre
Deputación da Coruña

PRESENTACIÓN LIBRO

Estimados amigos,
Este domingo, día 27 de novembro, por volta das SEIS da tarde terá lugar a presentación do libro Una jaula de chiflados, escrito por Constantino Cuesta Ibáñez.
Aproveitamos para dicirlles que O SÁBADO ADIANTAMOS A HORA DA LECTURA ÁS 18.00H, xa que ás 20h estaremos na Casa da Cultura Pintor Lloréns (Sada) para escoitar o Concerto do Grupo de Cámara Ensemble Cardume.
É dicir: que este fin de semana todos os actos da Fundación terán lugar ás SEIS da tarde.
Moitas gracias e desculpen as molestias!

NOVEMBRO

8Programación do mes de Novembro

SÁBADO 5. Non haberá actividade. Tan só estará aberto o museo ata as 20h.

DOMINGO 6. Se o tempo o permite… tarde de croquet a partir das 17h.

SÁBADO 12. Sesión de contacontos dedicada ao Patiño Feo. 19h. Entrada 2€ por persoa excepto socios e voluntarios.

DOMINGO 13. Tarde de bolillos con Fuen. 18h.

SÁBADO 19. “Recintos Encantados, Paris Joel e Tonu Leiro no Bosque Animado”. Concerto do cantautor Paris Joel acompañado do percusionista Tonu Leiro

DOMINGO 20. Club de lectura dedicado á novela de Alvaro Cunqueiro Se o vello Simbad volvese ás illas. 18h.

SÁBADO 26. Lectura dramatizada dedicada ás mulleres aventureiras. 18h.

DOMINGO 27. Tarde de croquet a partir das 17h se non chove moito.

OUTUBRO 2016

SÁBADO 1. Lectura de textos de As mil e unha noites. 19.00h

DOMINGO 2. Clase de bolillos con Fuen e tarde de croquet. 18.00h

SÁBADO 8. Sesión de contacontos a…. a…. ¿a Que?. 19.00h

DOMINGO 9. Tarde de croquet. 18.00h

SÁBADO 15. Lectura dramatizada de crónicas periodísticas de WFF. 19.00h

DOMINGO 16. Club de lectura dedicado a As mil e unha noites. 18.00h

XOVES 20 E VENRES 21: CONGRESO INTERNACIONAL “O HOME QUE QUIXO CREAR. LITERATURA, XORNALISMO E CINE NA OBRA DE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ” (subiremos en breve o programa).

SÁBADO 22. Lectura dramatizada de historias de mulleres aventureiras. 19.00h

DOMINGO 23. Tarde de croquet. 18.00h

SÁBADO 29. Lectura e tertulia dedicada á obra: A decadencia de occidente, de Oswald Spengler. 19.00h

DOMINGO 30. Pactwork e croquet. 18.00h